V Premio Castelao de Banda Deseñada

A Deputación da
Coruña convocou a quinta edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, dotado
con 6.500 euros e mais a publicación da obra gañadora e a realización dunha
exposición sobre esta. Os autores premiados manterán os dereitos para a posible
edición da obra en calquera outra lingua distinta á galega. O certame está
aberto á participación de todas as persoas maiores de idade, de calquera
nacionalidade, que presenten narracións en banda deseñada inéditas, e non
premiadas con anterioridade, e que estean escritas en galego, cun máximo de
dous autores por obra (un como guionista e outro como debuxante). O libro
presentarase finalizado, tanto en guión como en debuxo, cun formato de mancha de
26 x 19 cm ou proporcional, e unha extensión mínima de 48 páxinas e máxima de 64.

O prazo de
presentación de traballos acaba o 30 de maio de 2009. Pode lerse o regulamento
completo do concurso nesta ligazón.

Compartir