“Levo feito máis dun cento de retratos, caricaturas e visións de don Ramón María del Valle Inclán, e recoñezo que non abondan para apreixar a xigantesca personalidade que se agocha baixo tan feble encarnadura.
Nesta mostra ofrezo unha escolma variada do meu traballo.”
Siro López inaugura unha exposición sobre Valle Inclán o próximo 21 de abril que permanecerá ata o 30 de maio na Biblioteca Gonzáez Garcés de A Coruña.
Ademáis sempre é un gustazo poder escoitar a Siro, de modo que aproveitemos o día 21, ás 8: 30 da tarde que dará unha conferencia titulada “Ilustración e literatura con Valle Inclán como modelo”.