A nosa socia Vanessa Durán publica o próximo día 29, na editora Nowevolution, o segundo e último volume da banda deseñada El esclavo de la Rosa, sobre un guión de Javi Cuho.
En palabras de Vanessa Durán, «o debuxo de El esclavo de la Rosa é unha humilde homenaxe aos
clásicos do manga; ás historias cargadas de melodrama, cunha
estética preciosista, que tanto me fixeron desfrutar e namorar dos
cómics na miña adolescencia».
Aquí pode verse un adianto do volume, que consta de 144 páxinas.