‘Viajes ilustrados’ na Coruña

Hoxe, a cervexería Passepartout Beerhouse (paseo das Pontes 14, 15004 A Coruña) inaugura a exposición
colectiva Viajes ilustrados. O tema da mostra son as viaxes, nomeadamente os filmes ou libros que as narran. Os participantes nela son Adri Doc, Alberto Fernández Iglesias, Ana
Castiñeiras,
David García, David Sánchez, Eva Filgueira Iglesias, José Villot Guisán, Paula Esteban Blanco, Roberto Martínez Soler, Tania de Ois e a nosa socia Rebeca V. Bernardo Perdivel.

A partir das 20:00 h, o Colectivo Miñoco —do que tamén forman parte varios dos nosos socios— organiza na propia cervexería un Drink & Draw especial coa temática das viaxes, e mañá, día 15, a partir das 20:30 h, será a festa de inauguración.

A exposición poderá visitarse ata o 14 de xuño, en que haberá, ás 20:30, unha festa de clausura cun Pictionary organizado polo Colectivo Miñoco.

Compartir