VII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa

Poderán optar a este premio convocado pola Deputación da Coruña tódalas persoas que presenten obras adicadas ao público infantil ou xuvenil, inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego. As obras serán de tema e extensións libres, podendo contemplar a inclusión de elementos ilustrativos, gráficos, etc.
Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 6.500 euros. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.

B A S E S:

Primeira
Poderán optar ó premio tódalas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten narracións adicadas ó público infantil ou xuvenil, inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego.

Segunda.
Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 6.500 €.
A deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.

Terceira.
As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da novela adicada ó público infantil ou xuvenil, podendo contemplar a inclusión de elementos ilustrativos, gráficos, etc. As obras presentaranse por duplicado e en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.
As obras presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que se fará constar o título e o lema no seu exterior, e que conteña no seu interior o nome e os apelidos do autor, o seu domicilio, nacionalidade e número de teléfono.

Cuarta.
O prazo de recepción das obras rematará o día 16 de agosto de dous mil oito e enviaranse á Deputación Provincial, Avda. de Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre “VII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”.

Quinta.
O xurado estará presidido polo señor presidente da deputación e formarán parte del a señora deputada presidenta da Comisión de Cultura,Educación e Patrimonio Histórico-Artístico, e cinco persoas de recoñecido prestixio do ámbito literario nomeadas polo sr. presidente da Deputación , e o gañador do ano anterior, que poderá ser substituído por outra persoa, no caso de que non lle fose posible acepta-la súa participación; actuará como secretario o da corporación ou funcionario no que delegue.
A composición do xurado publicarase con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

Sexta.
Os participantes terán a obriga de comunicar á deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posibel única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros.
As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado non poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta deputación, que é o órgano competente para resolve-lo premio.
O premio decidirase nas datas comprendidas entre o 18 de agosto e o 30 de septembro do ano 2008, e será dado a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado a fin de que, se o seu autor o permite, poida darse a coñecer o nome do finalista.

Sétima.
Non se devolverán as obras presentadas non premiadas, e a partir da decisión do xurado serán destruídas.

Oitava.
A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos seus autores.

Compartir