VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

cartel patricia castelao Cartel: Patricia Castelao.

O vindeiro domingo día 5 de febreiro inaugúrase o VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Nesta nova edición AGPI colabora por segundo ano consecutivo, esta vez coa organización da exposición que leva por título Plantando libros.

A exposición conta cun plantel de 78 artistas entre escritores e ilustradores que ofrecen a súa visión particular da natureza, e foi realizada seguindo un proceso de creación inverso ó habitual, no que os escritores escribiron as súas aportacións inspirándose nas ilustracións que previamente foron debuxadas por unha selección de 39 ilustradores.

A mostra permanecerá o mes de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra; despois comezará a súa itinerancia por diversas vilas galegas durante os vindeiros meses, e próximamente será exhibida virtualmente aquí en www.agpilustracion.org.

Máis información sobre o Salón de Pontevedra en www.salondolibropontevedra.org.

Compartir