Nova
edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, do 8 ó 14 de
agosto en A Coruña.
Nunha
postura analítica e crítica sitúanse varios dos autores invitados: Cristina
Bueno, que aborda a realidade dos desfiuzamentos en Aquí vivió: historia de un desahucio;
Nadar, coa súa novela autobiográfica El mundo a sus pies, sobre as vivencias
dun parado; Jorge González, que tratou en varias ocasións os efectos sociais
das ditaduras iberoamericanas do XX; ou o guionista Juan Díaz Canales, con Como
viaja el agua.
Os
afeccionados ás historias do universo da Patrulla X poderán gozar da presenza
dun dos alma máter destes personaxes, Chris Claremont, responsable de rexir os
destinos de Cíclope, Lobezno,Tormenta, Mística e Magneto durante os dezaséis anos
mais fecundos desta tropa.
Poderemos
ver os orixinais de Bajo el sol de Medianoche, do Corto Maltés, de Rubén
Pellejero e Juan Díaz Canales, unha obra respetuosa cos lectores e coa memoria
de Hugo Pratt, creador da personaxe. Canales, expoñerá a súa primeira obra como
guionista e debuxante, Como viaja el agua, protagonizada por dous anciáns
marxinados. Entre os convidados está Jorge González, Premio Internacional de
Novela Gráfica Fnac-Sins Entido con Fueye, autor de Las gaviotas son felices, e
de Hate Jazz en colaboración con Horacio Antuna. Tamén estará Daniel Torres, mostrando
o proceso creativo da súa obra La
Casa, na que fai un percorrido pola Historia da Humanidade a
través das súas vivendas.
Un dos creadores
galegos invitados é Ramón Marcos, nome destacado en Opiumou Galimatías, e
debuxante de obras como Vida de nai ou Operación mascota, dentro da serie
Silvana, a filla do explorador.
A Sala de
Exposicións Salvador de Madariaga, acollerá os orixinais dos Premios Castelao
de Banda Deseñada dos anos 2014 e 2015: O inferno do debuxante de Kiko DaSilva e
A carreta do diaño de Fernando Llorente. E na Torre de Hércules podedes visitar
a exposición
Viñetas na Torre: 19 carteis das edicións de Viñetas desde o Atlántico.
Miguelanxo
Prado e David Rubín rinden homenaxe a Miguel de Cervantes na exposición Miguel
de Cervantes/ El retablo de las Maravillas, conmemorativa do IV Centenario de la Muerte de Cervantes, na
Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita.
Na exposición “A voz do vento”, no Centro Ágora, Jano ilustra poemas de Manuel María.
A imaxe do
Viñetas 2016 é una creación do debuxante Keko. Xunto co cartel, hai outros dous
elementos esenciais de Viñetas desde o Atlántico: a gran familia de personaxes
que tomarán estes días as rúas e a feira da historieta. As casetas coas últimas
novidades editoriais, tomarán o Paseo das Palmeiras transformándoo na Rúa da BD cun amplo programa de obradoiros, entretemento e encontros comerciais cos
autores. Alí poderedes atopar a caseta da Agpi, con información, láminas e fanzines dos
socios, ademáis de ser punto de venta e recollida da Guía Ninja para
ilustradores.