Vixésimo quinta edición das Xornadas
de Banda Deseñada de Ourense

Desde onte e ata o próximo día 23 de outubro poden visitarse no Museo Municipal de Ourense (rúa de Lepanto 8, 32005 Ourense) as catro exposicións que compoñen o programa da 25.º edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense: a dos premiados no 1.º Certame Benito Losada de BD, a titulada 19 anos do Fanzine das Xornadas, a mostra Cómic e Ilustración Injuve 2012 e mais Historias de Galiza, que conta coa participación de, entre outros, os nosos socios Idoia de Luxán e Carlos Alfonzo Fernández.

As Xornadas acollerán tamén a entrega do Premio Ourense de Banda Deseñada, que este ano se concede á revista Oink!

Compartir