Despois de Mil cousas poden pasar. Libro I, Premio Merlín de Literatura Infantil 2009, como era lóxico, chega o Libro II, que xa está nas librarías. Ao igual que na primeira parte, texto e ilustracións son obra do noso socio Jacobo Fernández Serrano. Neste ocasión, fiel ao carácter experimentador do seu autor, o libro inclúe tamén algunhas páxinas de cómic.
Este Mil cousas poden pasar. Libro II conta as aventuras de Lina e Pouco na viaxe de regreso a Nil, e mais dos novos aconteceres do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e todos os demais personaxes presentados na primeira parte. Jacobo Fernández ofrece máis información e ilustracións no blog específico do libro.