Xan López Domínguez presenta en Boloña ‘La noche del Marramiáu’

A Feira do Libro Infantil de Boloña, que decorrerá na cidade italiana entre os próximos 28 e 31 de marzo, acollerá a presentación da obra La noche del Marramiáu, escrita e ilustrada por Xan López Domínguez. O acto será o martes 29, ás 12:30 h, no Stand C19 do Hall 29 da feira.

La noche del Marramiáu é unha das grandes apostas da súa editorial, Edelvives, que fará un importante esforzo en promoción nesta feira, cun stand que prometen espectacular. Os seus editores definen o libro como «un álbum belísimo, desde a punta da primeira páxina ata o miaño do final».

Compartir