XII Salón do Libro de Pontevedra

Entre o 6 de febreiro e o 19 de marzo decorrerá en Pontevedra a duodécima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten como o tema «A mentira».

A autora homenaxeada nesta ocasión será Gloria Sánchez, que estará no recinto o 5 de marzo para participar nun acto cultural que contará tamén co escritor Miguel Vázquez Freire.

Este ano o cartel foi ilustrado pola nosa socia Kristina Sabaite.

Compartir