Xornada de conmemoración do 25.º aniversario de Gálix

Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, celebra os seus vinte e cinco anos, e con ese motivo organizou as xornadas «Somos os libros que soñamos». Así, hoxe na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo, durante todo o día, sucédense mesas redondas onde se dan cita diversos profesionais e estudosos relacionados coa literatura infantil e xuvenil.

Esta tarde, a partir das 16:30 h, decorrerá a titulada «Ilustrar o mundo para darlle forma», na que participarán Vicente Blanco, Salvador Cidrás (ambos, profesores da Universidade de Santiago de Compostela), Eva Mejuto (editora de OQO) e mais na nosa socia Noemí López.

A información completa do programa pode lerse aquí (PDF, 1,6 MB)

Compartir