Xornada en Madrid sobre libro dixital ilustrado

FADIP e o Observatorio da Ilustración Gráfica organizan mañá, 13 de decembro, unha xornada profesional, aberta a todo o público interesado, baixo o título El libro digital ilustrado: pasos hacia nuevos paradigmas. Será na Casa del Lector (Matadero Madrid, Paseo de la Chopera 14, 28045 Madrid), e a entrada é libre e gratuíta.

Ao longo da xornada, diversos ilustradores de relevancia
internacional, así como editores e outros especialistas en publicación
dixital, achegarán o público asistente «ao que significa hoxe en día —e
ao que presumiblemente vai significar no futuro a curto e medio
prazo— a edición de libros ilustrados para todo tipo de soportes
dixitais, e os aspectos técnicos, loxísticos e creativos que se dan
cita nun novo mercado cuxas complexidades a xornada pretende axudar a
desentrañar».

Entre os convidados están os ilustradores André Letria, Sergio Alfonso Animatomic, Kike de la RubiaRiki Blanco e o noso socio Xan López Domínguez; os especialistas Celia Turrión e Luis F. Borruey, e mais representantes de editoriais nativas dixitais como Dada Company, Cream eBooks, ContoPlanet (que publica os títulos de Editorial Galaxia) La Tortuga Casiopea, Minus is Better ou iLubuc.

Compartir