A revista taiwanesa de ilustración e deseño DPI Magazine vén de publicar no seu número de marzo unha ampla reportaxe sobre Xosé Tomás. Nunha extensa entrevista en chinés e inglés percórrese o traballo do noso compañeiro en temas como a ilustración infantil, a banda deseñada, as fontes das que bebeu o autor, o seu particular proceso de creación, así como os seus intereses na súa incipiente investigación para una tese doutoral sobre o álbum infantil ilustrado.
Ademais, Xosé Tomás acaba de renovar a súa web, cun novo deseño e novos contidos tamén, que podemos visitar en www.xosetomas.com.