Actividades do Día da Ilustración 2026

Como cada ano, o 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Nesta ocasión, a figura homenaxeada será Siro, unha das voces máis recoñecibles da caricatura e da ilustración galega contemporánea, cunha traxectoria marcada polo humor, a crítica social e a defensa da cultura do país.

A AGPI participa este ano, en colaboración coa Xunta de Galicia, con diversas actividades arredor da súa figura, entre elas a exposición conmemorativa Siro, a vida nun lapis (Biblioteca de Galicia), elaborada en estreita colaboración co propio autor. No portal de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e na web diadailustracion.gal podedes consultar o resto das actividades programadas, así como un vídeo conmemorativo sobre o ilustrador e información detallada sobre a súa vida e obra.

Como cada ano animamos a todo o mundo a participar dun xeito sinxelo utilizando nas redes sociais o hashtag #Diadailustracion2026

O cartel deste ano é obra da nosa socia Clara Cerviño.

Compartir