Actividades do Día da Ilustración 2025

Como cada ano o 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Este ano será o primeiro no que se homenaxeará a un autor vivo, Xosé Vizoso, ilustrador editorial, de carteis e de produto, coñecido principalmente polo seu traballo dentro da empresa Sargadelos.

AGPI participa este ano, en colaboración ca Xunta de Galicia, con diversas actividades como a exposición conmemorativa Xosé Vizoso, o neno que debuxou un cabalo (Biblioteca de Galicia), traballando na súa elaboración man a man co propio Vizoso. Podedes atopar o resto das actividades tanto na portal de Cultura da Consellería de Cultura, Língua e Xuventude como na web diadailustracion.gal onde atoparedes, ademáis, un vídeo conmemorativo sobre o autor e información sobre a súa vida e obra. 

Como cada ano animamos a todo o mundo a participar dun xeito sinxelo utilizando nas redes sociais o hashtag #Diadailustracion2025

O cartel deste ano é obra do noso socio Luís Sendón.

Compartir