Actividades do Día da Ilustración 2024

O día da ilustración en Galicia celébrase o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos/as profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Neste 2024 será adicado a Chichi Campos.

Hai un amplo programa de actividades de todo tipo, como exposicións, documentais, e talleres ao longo da xeografía galega para lembralo.

O cartel deste ano fíxoo a ilustradora @perdivel , aí poderás atopar as datas e lugares dos eventos promovidas pola Consellería de @culturaxunta e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración connosco, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Tamén hai moitas institucións, colectivos, e xente que a título individual, súmase a celebrar este día. Convidámoste a que asistas a todos os eventos que che coincidan para lembrar xuntos/as a Chichi Campos.

Grazas.

#DíaDaIlustración#DíaDaIlustración2024#ChichiCampos#Castelao#AGPI

Compartir