Tras moito tempo reivindicando o cambio das bases do Premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña este ano admítese a presentación de proxectos. Esta modificación foi posible grazas o asesoramento da AGPI para a adaptación das bases.
Poderán presentarse indistintamente:
- PROXECTOS, que consistirán en un dossier con un mínimo de 16 páxinas rematadas, tamaño A4, formato PDF, e unha sinopse detallada do contido da obra completa, con unha extensión máxima de tres páxinas.
- OBRAS COMPLETAS, tanto en guión coma en debuxo, en cuxo caso deberán ser orixinais, inéditas e non publicadas, na súa totalidade ou parcialmente.
É importante lembrar que establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
- MODALIDADE XERAL: obras dirixidas a todo tipo de lectores.
- MODALIDADE LIX: obras dirixidas ao público infantil e xuvenil.
O prazo de presentación remata o día 10 de xullo de 2020.
Bases completas aquí.