Charlas do Día da Ilustración 2023 en Santiago de Compostela

O vindeiro lúns día 30 é o Día da Ilustración 2023. Como tódolos anos dende AGPI, en colaboración ca Xunta de Galicia, realizamos varias actividades. Como xa sabedes, xa anunciamos o obradoiro de Santy Gutiérrez e outras movidas máis que xa vos iremos comentando.

O propio día 30, en colaboración ca MiiC (Imaxinaria, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea) vamos dar unha serie de charlas na sede de AFundación en Santiago de Compostela. 

As charlas comezarán ás 10:20h cunha charla sobre a figura da autora homenaxeada, María Antonia Dans a cargo de Rosario Sarmiento, crítica de arte e comisaria de exposicións. Seguiremos ás 12:30 cunha charla a dúas bandas entre dous grandes autores de dúas xeracións distintas: David Pintor e Bea Gregores, onde falarán da súa obra e dos seus diferentes puntos de vista sobre o oficio da ilustración.

Compartir