Temos unha boa nova, vimos de asinar un convenio con PuntoGal que nos da acceso a mercar dominios cun importante desconto na alta para proxectos dos membros da Asociación ou dos vosos clientes
PuntoGal, que supera os 7500 dominios. En palabras do director xeral da PuntoGal, Darío Janeiro: “Acompañando ás iniciativas que, coma esta, facilitan e promoven a creación de contidos en galego, e que aportan á rede unha visión da diversidade e riqueza da creación na nosa lingua”
Para Janeiro “as alianzas son sempre un xeito de incrementar o valor e a relevancia das iniciativas de comunicación, nun momento en que parece que a predominancia é das plataformas e non dos creadores ou dos comunicadores”.
Pola nosa banda, cremos que o dominio punto gal, é unha forma de ampliar o afecto ao territorio e ao local, levado á rede, grazas por iso.
