Os nosos compañeiros da APIM (Asociación de Profesionales de la Ilustración de Madrid) puxeron en marcha durante a Feira do Libro do pasado mes de abril a campaña «Ilustradores en blanco», que ten como obxectivo principal denunciar a precariedade do mercado editorial. Pode lerse o manifesto aquí, e tamén poden verse imaxes das accións realizadas na súa conta de Instagram.
Desde a AGPI cremos que é importante unir forzas nesta dirección e sumámonos á campaña. Así pois, estamos a organizar unha queda, coordinada coas outras asociacións de ilustradores, este sábado 21 en librarías do centro de distintas cidades. Serán benvidos todos os ilustradores/as, así como todos os amantes e defensores da ilustración. Os asistentes, se é posible, levarán posto algo branco e repartirán marcapáxinas da campaña.
De momento temos confirmadas as quedas en Santiago e A Coruña. Para quen non poida asistir, pode colaborarse de diversas formas:
- Descargando aquí o marcapáxinas de #ilustradoresenbranco e imprimindo algúns exemplares.
- Indo a librarías próximas, coñecidas, explicando a campaña, e pregúntadolles se se poden deixar marcapáxinas ao dispor dos clientes ou dentro dalgúns libros.
- Facendo seguimento do que se está a facer e subíndoo a redes (unha foto co libreiro ou libreira que acepta colaborar na campaña, unha foto poñendo os marcapáxinas etcétera).
- Póndolle os cancelos #ilustradoresenblanco e #ilustradoresenbranco a ao que se suba ás redes, etiquetándonos.
En breve confirmaremos as datas e lugares das quedas.