Terceiro Libro Branco da Ilustración

Dende FADIP cremos que chegou momento de renovar o Libro Branco da Ilustración en España. Os cambios normativos, sociais e tecnolóxicos fan que a información dos dous Libros Brancos anteriores quede desfasada, polo que cremos moi necesario –nun proceso que durará máis dun ano– a súa actualización, revisión e ampliación.

Para comprender as necesidades dos ilustradores e os novos retos da profesión, necesitamos a túa axuda. É por iso que vos animamos a cubrir este formulario antes do 10 de marzo, e compartilo con tódolos vosos compañeiros, socios ou non, para que teñamos a visión máis ampla posible do noso sector.

OBXECTIVOS

  • Realizar unha análise exhaustiva para coñecer a situación actual da ilustración.
  • Elaborar un informe sobre a profesión para achegálo ás institucións e desenvolver estratexias a curto, medio e longo prazo para potenciala.
  • Facilitar a inserción laboral das novas xeracións.
  • Mellorar a relación entre tódolos axentes implicados no ecosistema cultural.
  • Reforzar o sector creativo a nivel nacional e internacional.

CHAMADA Á PARTICIPACIÓN

A ilustradorxs profesionais, ou non, de calquera sector: editorial, LIX, álbum, banda deseñada, murais, deseño e comunicación, animación e FX, prensa, relatoría gráfica, etc. xa sexan por conta propia ou allea.

Data límite de envío 10 de marzo

Compartir