A AGPI traslada por primeira vez o seu evento anual á cidade olívica. Se xa o ano pasado retomou o formato presencial, superadas xa as restricións da pandemia, neste vixésima edición optouse por buscar novos espazos e lugares como a zona das Rías Baixas. Deste xeito, ademáis de servir como punto de encontro entre xs socixs de AGPI, queremos tamén contactar con nova xente e dar a coñecer a nosa asociación.
Este Encontro dividirase en dúas xornadas na que teremos diferentes charlas e mesas redondas da man de xente tan salientable como o gran Tomás Hijo (autor da imaxe do cartel), que nos vai dar unha interesantísima charla o venres 20 ou Lula Goce, que xunto a Eva Agra como moderadora, Xoana Almar e Diana Rodeiro (Nana) participará nunha charla sobre as mulleres na arte urbana o sábado 21.
Este ano AGPI celebra os vinte anos da súa refundación e por ese motivo falaremos da súa traxectoria nestas dúas décadas e faremos homenaxe aos socios de honra coa charla de José Luis Carreira, que nos falará da súa traxectoria como docente de ilustración.
O Encontro celebrarase en dous lugares diferentes da cidade de Vigo: A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e La Casa del Libro.
O programa do XX Encontro é o seguinte:
Programa venres 20 outubro:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (Rúa de García Barbón, 5. Vigo)
16:30 h. Charla XX aniversario de AGPI coa presidenta Laura Romero.
18:00 h. “Aquí hai dragóns” Charla de Tomás Hijo
Programa sábado 21 de outubro:
Salón de actos de La Casa del Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo)
10:30 h. Presentación da nosa presidenta, Laura Romero.
10:35 h. Faladoiro e homenaxe aos socios de honra: José Luis Carreira
presentado por Neves Rodríguez
Rolda de preguntas posterior.
12:00 h. Pausa de café
12:30 h. Mesa redonda “Arte urbanA. Charla de mulleres muralistas”
moderada por Eva Agra con Xoana Almar, Diana Rodeiro (Nana) e
Lula Goce.
Rolda de preguntas posterior.
Máis información en: agpi.es/encontro/