• Datos do ilustrador


  • Ver proxectos
  • Eduardo
  • Pérez Baamonde
  • Información de contacto

  • http://www.eduardobaamonde.blogspot.com
  • Acerca de

  • Eduardo Baamonde

    Vilalba (Lugo) l962.

    Desde l988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio. É autor e ilustrador de varios libros infantís. Como pintor leva feitas máis de sesenta mostras individuais e acadado numerosos premios e recoñecementos, sobre todo na especialidade de Pintura Rápida. Debuxante infatigable que sae á rúa sempre acompañado dun caderno e unha caixiña de acuarelas. Pola súa paixón por esta técnica foi seleccionado para expoñer nas edicións XIII e XVII da Biennale de Carnet de Voyage de Clermont Ferrand (2012 e 2016) e convidado a participar no X e no XXI Festival des Aquarellistes de Bagnols-en-Beaujolais (2006 e 2017) A súa afección por facer apuntes do natural converteuno nun dos primeiros corresponsais en España e colaborador habitual de Urbansketchers sendo finalista no III Certame de Libros de Viaxe convocado por Geoplaneta (2011). Leva publicados, tamén, varios cadernos de viaxe nos que os debuxos de Baamonde destacan os valores patrimoniais, paisaxísticos e culturais de Santiago, A Coruña, O Camiño Norte, O Camiño Primitivo, A Mariña de Lugo, A Ruta Pardo de Cela, O Salnés, O Grove, Pontevedra, Vilalba e A Terrachá, Ribadeo, Viveiro ou Cambados.

    www.eduardobaamonde.net
    www.eduardobaamonde.blogspot.com
    http://spain.urbansketchers.org/